Grupo Edebé
Home / Publicaciones Generales / Galego - Rodeira

Literatura

Lista de autores

Beatriz Osés

Beatriz Osés (1972, Madrid). Xornalista, licenciada pola Universidad Complutense, escritora e profesora de Lengua y Literatura no IES Gregorio Peces-Barba (Colmenarejo, Madrid). Durante case vinte anos exerceu o seu labor docente en Estremadura e colabora en iniciativas de animación á lectura e á escritura con diversas institucións.

Praticipou como relatora en seminarios desenvolvidos en Centros de Profesores, na UEX, no Instituto Cervantes de Londres, na Universidade de Passo Fundo en Brasil e no Instituto Cervantes de Nova Deli, entre outros. A súa liña de traballo pretende incentivar a creatividade dos alumnos e fomentar a lectura a través da creación literaria.

Desenvolve obradoiros de escritura creativa con nenos e adultos así como recitais literarios, onde une a poesía e a lectura de contos e fragmentos de novelas con música e imaxes.

    Entre os seus galardóns de innovación educativa e creación literaria figuran: o Premio Joaquín Sama de Innovación Educativa, concedido pola Xunta de Estremadura, 2004, por Cuentos Medievales, Premio Giner de los Ríos á Mellora da Calidade Educativa 2005 polo proxecto Las ciudades que no vio Italo Calvino, Premio Lazarillo de Creación Literaria 2006 por Cuentos como pulgas, Premio Internacional de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 2008 por El secreto del oso hormiguero, Premio de Novela Xuvenil “La Brújula” 2010 por El cuentanubes, obra pola que foi finalista do Premio Nacional no 2011. 

Tamén quedou finalista do Premio de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 2012 por Lo que saben los erizos, do Premio Edebé de Literatura Infantil 2015 por Dónde van las tortugas cuando mueren, del Premio Edebé de Literatura Infantil 2016 por El columpio de Madame Brochet e do Premio Les Mordus du Polar 2017 por Erik Vogler y los crímenes del rey blanco, seleccionado polas Bibliotecas Municipais de París. 

Entre os seus libros publicados coa editorial Edebé destacan ademais: Un cocodrilo para Laura e a saga policial protagonizada por Erik Vogler.


Website

Comparte


Son unha noz

Son unha noz

Autor/a: Beatriz Osés

Ilustrador/a: Jordi Sempere

Ver

  • Dispoñible no Plan Lector

Buscador