Care Santos naceu en Mataró (Barcelona) en 1970. Estudou Dereito pero, de moi nova traballou como xornalista. É autora dunha abundante obra literaria para nenos, mozos e adultos e, con frecuencia, mantén contacto cos seus lectores mediante foros e charlas. A súa obra foi traducida a unhas vinte linguas e tamén acumulou numerosos premios e recoñecementos. Obtivo o Premio Edebé (2003 e 2015), o Gran Angular (2004), o Alandar (2006) ou o Protagonista Jove, que outorgan os lectores e lectoras. Tamén recibiu o Premio Ramon Llull das Letras Catalás (2014), o Premio Nadal (2017) e o Premio Cervantes Chico (2020).
Buscador