Grupo Edebé
Home / Publicaciones Generales / Galego - Rodeira

Literatura

Lista de autores

Susana Vallejo Chavarino

Susana Vallejo Chavarino naceu en Madrid no mes de maio de 1968. Aos vinte e seis anos trasladouse a Barcelona, cidade na que reside desde entón. Estudou Publicidade e Relacións Públicas, e a súa carreira profesional sempre se desenvolveu nas áreas de Mercadotecnia e Vendas. Desde o ano 2000 traballa nunha multinacional, na área da Comunicación, e compatibiliza a vida laboral coa familiar e dedícase ao que máis lle gusta: "escribir e contar historias". Foi finalista de importantes premios, como o Jaén ou o Premio Internacional de Ciencia Ficción e Literatura Fantástica de edicións Minotauro, no 2008, e publicou con éxito diversas novelas para rapaces e adultos, como a súa tetraloxía PORTA COELI ou a súa novela futurista Switch in the Red.


Website

Comparte


Buscador