Filtrar
IDIOMA
EDAD
COLECCIÓN
VALORES
AUTOR/A
Autores/as
Ilustradores/as
FORMATO
PARA EL AULA
Cursos
Educación Infantil
Primaria
Secundaria
Bachillerato
Asignaturas
Colección AS CRÓNICAS DO VIAXANTE

1. O PASAXEIRO 19

Un cadáver. Iso é o primeiro que ve Miguel cando esperta sen memoria nun compartimento dun tren que está a bordear o mar Cantábrico, azoutado por un furacán. O seu primeiro impulso é fuxir da escena do crime, pero cando comprende que alguén o incriminou no asasinato, non lle quedará máis remedio que permanecer a bordo e tentar desentrañar o misterio, sen poder baixar dun tren no que todos o perseguen e onde apenas pode agocharse. Só ten unhas horas antes de chegar ao seu destino. Pero poida que non sexan dabondo para asimilar a verdade que está a piques de descubrir. Porque esta non é unha viaxe normal. Non… Isto é algo máis. Coidas que o sabes todo sobre as historias de misterio? Pénsao de novo.
Leer más
ISBN: 978-84-8349-546-9
Código: 127975
Fecha de publicación: 01/10/2018
N.º páginas: 320
Tamaño: 14,0 cm x 21,0 cm. Rústica
P.V.P.: 15,50