DAVID LOZANO é licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza. Obtivo un máster en Comunicación e ten estudos de Filoloxía Hispánica. Exerceu como avogado e, na actualidade, compaxina a escritura e a docencia co seu labor para algunhas produtoras españolas. En 2006 obtivo o XXVIII Premio Gran Angular coa novela Donde surgen las sombras. Finalista do Premio Hache con Herejía e do Premio Edebé de Literatura Infantil coa súa novela El ladrón de minutos, é autor tamén da triloxía de fantasía gótica La puerta oscura. Na actualidade está a traballar como guionista na adaptación ao cine da devandita triloxía.
Buscador