Grupo Edebé
Home / Publicaciones Generales / Galego - Rodeira

Literatura

José Luis Ocaña

José Luis Ocaña naceu en Granada en 1972, aínda que viviu en Málaga a meirande parte da súa vida. En Madrid formouse en animación 3D e traballou no mundo da publicidade e a formación 3D durante máis de 15 anos. O seu traballo filmográfico foi seleccionado en festivais de medio mundo. Actualmente traballa para varias editoriais internacionais: Malta, Emiratos Árabes, Líbano, Kuwait, Xordania, USA, México ou Chile. Ilustrou o libro Where the Letters Disappeared? cuxa autora Mariam bint Saqr Al Qasimi gañou o premio internacional ao mellor libro en lingua estranxeira na 10ª edición do Sharjah Children’s Reading Festival, SCRF 2018. Tamén quedou 3.º no tributo de Alan Parson que se celebrou en Montreal (Canadá). Expuxo as súas acuarelas en Tarragona, Granada, Madrid, Málaga, París, Montreal e Roma. E, no ano 2021, outorgáronlle o Terramaxka Prize for Literature no Malta Book Festival 2021 pola ilustración de  Il-Kreatura tal-Bir . Tamén gañou o IX Premios Ilustrados Plastilina & Amigos 2021 (Cádiz).



Comparte


Buscador